Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48710

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande

EDICTO (procedemento ordinario 56/2013).

Agustín Gamote Álvarez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande, anuncio que no presente procedemento ordinario seguido por instancia de Santiago Pons Llobat, S.A. contra Madalena Palma, S.L., María Madalena Carpintero Fernandes de Palma, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Estímase a demanda formulada pola mercantil Santiago Pons Llobat, S.A. contra María Madalena Carpintero Fernandes de Palma e contra a mercantil Madalena Palma, S.L.

Condénase María Madalena Carpintero Fernandes de Palma e a mercantil Madalena Palma, S.L. solidariamente ao pagamento da cantidade de 53.156,91 euros.

A cantidade de 53.156,91 euros percibirá o xuro da Lei 3/2004, de morosidade en operacións comerciais, desde a data de presentación da demanda (17 de abril de 2013) até a sentenza (31 de xullo de 2013), e o xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos, desde a sentenza.

Impóñense as custas ás demandadas.

E encontrándose a devandita demandada, Madalena Palma, S.L., María Madalena Carpintero Fernandes de Palma en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Bande, 31 de xullo de 2013