Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2013/246-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: avenida de Pontevedra,14 baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: reforma CD Taboadelo.

Situación: Ponte Caldelas.

Descricións técnicas: reforma do centro de distribución Taboadelo, situado en Taboadelo, Ponte Caldelas, consistente na instalación de tres novas celas modulares baixo envolvente metálica con illamento en SF6 e substitución do trafo de servizos auxiliares de 250 kVA por un de 50 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, Avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra