Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2013/247-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: avenida de Pontevedra,14 baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: LMTS, CS Taboadelo.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 en tres tramos: tramo CD Taboadelo ao CS proxectado Taboadelo, 40 metros; tramo CS proxectado ao paso aerosubterráneo (PAS) no apoio 1 da LAT de interconexión das subestacións Ponte Caldelas e A Reigosa, 100 metros; tramo PAS no apoio 27 da LAT de interconexión das subestacións Ponte Caldelas e A Reigosa á subestación A Reigosa, 100 metros.

Centro de seccionamento Taboadelo, con celas modulares, en Edificio PRU4.

As instalacións están situadas en Taboadelo e A Reigosa, Ponte Caldelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra