A Xefatura Territorial de Traballo e Benestar en Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.
c) Número de expediente: 127/2013.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: servizo de limpeza da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense).
b) Prazo de execución: 2 anos.
3. Procedemento e tramitación.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: urxente.
4. Orzamento de licitación: 128.000,00 € (IVE incluído); o importe do IVE é de 22.214,88 €.
5. Garantía. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (sen IVE).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.
b) Enderezo: avenida da Habana, 79, 4º andar, 32004 Ourense.
c) Teléfono: 988 38 60 96. Telefax: 988 38 68 30.
d) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19936
7. Capacidade e solvencia: exíxese a clasificación no grupo U, subgrupo 1, categoría A.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se deberá achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante telefax (988 38 68 30), correo electrónico ou telegrama, no mesmo día.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, avenida da Habana, 79, 4º andar, 32004 Ourense.
b) A data e a hora da apertura publicaranse na plataforma de contratación coa antelación suficiente.
10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato (o custo por cada liña deste anuncio é de dez con oitenta e dous euros (10,82 €)).
Ourense, 4 de decembro de 2013
P.D. (Orde do 19.8.2009)
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense