Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48555

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

En virtude da Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2008) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas.

Pola Orde do 9 de xullo de 2009 (DOG núm. 137, do 15 de xullo) foron nomeadas funcionarias da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as funcionarias en destino provisional que figuran na Orde do 9 de xullo de 2009, pola que se procede ao nomeamento como funcionarias do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 20 de decembro de 2013, ás 10.00 horas.

Segundo. As funcionarias convocadas poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. As funcionarias deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non compareceren persoalmente poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Ás funcionarias que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ás aspirantes presentes ou representadas, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritas polo sistema de libre designación. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. As aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

MAC050000115770025

25

A1

Especial

Unidade intervención ambiental I

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S.X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia en inspección ambiental e coñecementos de técnicas ambientais (mérito).

MAC050000115770025

2

MAC050000115770029

25

A1

Especial

Unidade intervención ambiental V

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S.X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia en inspección ambiental e coñecementos de técnicas ambientais (mérito).

MAC050000115770029

3

MAC050000115770031

25

A1

Especial

Unidade intervención ambiental VII

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S.X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia en inspección ambiental e coñecementos de técnicas ambientais (mérito).

MAC050000115770031

4

MAC050000115770034

25

A1

Especial

Unidade intervención ambiental IX

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S.X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia en inspección ambiental e coñecementos de técnicas ambientais (mérito).

MAC050000115770034

5

MAC991000532001005

25

A1

Especial

Xefatura sección Xestión Ambiental II

MA

Servizos periféricos

Servizo de Calidade Ambiental (Ourense)

Ourense

Enxeñaría superior

Experiencia en xestión ambiental (mérito).

MAC991000532001005

6

INC050000115770006

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S.X. de Enerxía

Santiago de Compostela

Enxeñaría de minas

INC050000115770006

7

INC050000215770004

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S.X. de Recursos Minerais

Santiago de Compostela

Enxeñaría de minas

INC050000215770004

8

INC050000215770005

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S.X. de Recursos Minerais

Santiago de Compostela

Enxeñaría de minas

INC050000215770005

9

INC050000215770010

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S.X. de Recursos Minerais

Santiago de Compostela

Enxeñaría de minas

INC050000215770010

10

INC991000027001020

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Enxeñaría de minas

INC991000027001020

11

INC991000027001021

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Enxeñaría de minas

INC991000027001021

12

INC991000032001035

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Ourense

Ourense

Enxeñaría de minas

INC991000032001035

13

INC991000032001041

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Ourense

Ourense

Enxeñaría de minas

INC991000032001041

14

INC991000036001040

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Enxeñaría de minas

INC991000036001040

15

INC991000036001041

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Enxeñaría de minas

INC991000036001041

16

INC991000036001042

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Enxeñaría de minas

INC991000036001042

17

INC991000036001052

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Enxeñaría de minas

INC991000036001052