Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48559

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de decembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada na solicitude de compatibilidade presentada por Ramón Serantes Souto.

Con data do 29.10.2013, o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada pola conselleira de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG número 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola que se ten por desistido da solicitude de compatibilidade presentada por Ramón Serantes Souto.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado, tras os dous intentos en que consta ausente de repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícaselle a Ramón Serantes Souto a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública