Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (426/2013).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 426/2013 F.

Demandante: Francys Maribel Aparicio Quintas.

Demandados: Bogar Asistencia, S.L., Ministerio Fiscal, Galicia Saudade, S.L., Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Centro Clínico Ribadeo, S.L., Concello de Sada.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 426/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francys Maribel Aparicio Quintas contra a empresa Bogar Asistencia, S.L., Ministerio Fiscal, Galicia Saudade, S.L., Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Centro Clínico Ribadeo, S.L., Concello de Sada, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza: 675/2013.

Número de autos: 426/2013.

Na cidade da Coruña, 18 de novembro de 2013

Sentenza

A Coruña, 18 de novembro de 2013

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 426/2013, sendo partes neles, dun lado como demandante, Francys Maribel Aparicio Quintas, asistida polo letrado Sr. Méndez Sanjurjo e, doutro como demandadas, as empresas Galicia Saudade, S.L., que non comparece, Bogar Asistencia, S.L., que comparece representada pola letrada Sra. Segura Espinosa, a Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L., que comparece representado polo letrado Sr. Maneiro García, e Concello de Sada, que comparece representado polo procurador Sr. Lage Fernández-Cervera e asistido polo letrado Sr. Torres Jack, así como Ministerio Fiscal, e coa intervención procesual do Fogasa, que comparece representado pola letrada Sra. Prosper Montalvo, sobre despedimento, pronunciou en nome do Rei a seguinte sentenza:

Ditame.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Francys Maribel Aparicio Quintas fronte a Galicia Saudade, S.L., Bogar Asistencia, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L. e Concello de Sada, con intervención procesual do Fogasa e a Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L., e en consecuencia:

1. Declárase improcedente o despedimento da parte demandante e condénase a demandada Bogar Asistencia, S.L. a que no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza opte entre a readmisión inmediata da parte demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, co aboamento dos salarios de trámite (os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza), calculados a razón de 17,46 euros/día, ou ben polo aboamento dunha indemnización por despedimento en contía de 676,58 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

2. Así mesmo, condénase a empresa Bogar Asistencia, S.L. a aboarlle á parte demandante a cantidade de 261,9 euros en concepto de omisión de aviso previo.

4. Absólvense as partes codemandadas Galicia Saudade, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L. e Concello de Sada das pretensións fronte a elas dirixidas.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, habente causa seu ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1532/0000/36/0426/13, e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «34 social suplicación», acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial