Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica o acordo de iniciación de expediente de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2011/108-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego de data 13 de xullo de 2011.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación Xuvenil A Telleira.

Enderezo: Camiño Real, 15, Trabanca, Badiña, 2ª planta, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Nº expte.: TR352A 2011/108-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 14 de outubro de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 30 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2011, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade a reintegrar: 9.189,78 €.