Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de axudas para a promoción do emprego (TR349A 2013/11-5 e TR349A 2013/137-5).

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento del.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situadas na rúa Concepción Arenal, 8-2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra), e a obter unha copia desta resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 26 de novembro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: TR349A 2013/11-5.

DNI/NIF/CIF: B27748243.

Nome ou razón social: Alcudi 2010, S.L.

Último enderezo coñecido: avenida Buenos Aires, 16, 36209 O Porriño (Pontevedra).

Tipo de axuda: axuda á contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: revogar a resolución do 28.10.2012.

Data da resolución: 31.10.2013.

Nº de expediente: TR349A 2013/137-5.

DNI/NIF/CIF: 77460081Z.

Nome ou razón social: Antía dos Anjos Núñez.

Último enderezo coñecido: rúa Méndez Núñez, 15-1º B, 36950 Moaña (Pontevedra).

Tipo de axuda: axuda á contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: desestimar a axuda solicitada.

Data da resolución: 9.9.2013.