Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48356

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 28 de outubro de 2013 sobre a aprobación definitiva da modificación puntual número 5 das normas subsidiarias de planeamento da Rúa (Ourense).

O Concello da Rúa remite novamente o expediente de referencia e solicita a súa aprobación definitiva, conforme o disposto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizado o expediente remitido polo Concello e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes

I.1. O Concello da Rúa dispón, actualmente vixentes, de normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente en data 5.12.1991.

I.2. En data 3 de xullo pasado esta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas emitiu orde de non aprobación da modificación puntual aprobada provisionalmente polo Concello Pleno en sesión do 4 de marzo de 2013, e formulou unha serie de deficiencias que había que emendar.

I.3. Na tramitación da modificación puntual consta:

• O 17.9.2012 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental declarou a non necesidade de someter a avaliación ambiental estratéxica a modificación.

• Constan informes técnico e xurídico, do 4 de outubro de 2012, favorables respecto da conformidade da modificación puntual coa lexislación vixente e respecto da calidade técnica da ordenación proxectada.

• O Concello Pleno do 24.10.2012 aprobou inicialmente a modificación puntual e someteuna a información pública durante dous meses mediante anuncios nos diarios La Región e La Voz de Galicia do 31.10.2012, e no DOG do 6.11.2012.

• Durante o período de exposición ao público presentouse unha alegación.

• Deuse audiencia aos municipios limítrofes de Petín, Vilamartín de Valdeorras, Larouco e Quiroga.

• Consta informe favorable, do 6.2.2013, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, cunha serie de consideracións.

• Consta informe favorable, do 12.2.2013, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o 4 de marzo de 2013, acordou aprobar provisionalmente a modificación puntual.

• Consta informe en materia de telecomunicacións, do 24 de xullo de 2013, da Subdirección Xeral de Redes e Operadores de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, con dúas observacións.

• A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, en sesión do 20 de xuño de 2013, acordou emitir informe favorable sobre a modificación puntual e sinalou unha serie de consideracións para completar o documento da modificación.

• O 3 de xullo de 2013, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ditou orde de non outorgar a aprobación definitiva da modificación puntual.

• O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o 2 de setembro de 2013, aprobou o documento corrixido da modificación puntual.

II. Análise e consideracións

II.1. O ámbito da modificación puntual é a unidade de actuación UA-8, integrada por unha única parcela de 7.288,79 m2.

II.2. O obxecto da modificación puntual é a creación e obtención de solo de equipamento para destinalo a centro de saúde.

II.3. No punto 10 da memoria e no artigo 8 das ordenanzas determínase o sistema de actuación previsto, conforme o establecido no artigo 127.2 da LOUG. No punto 9.7 da memoria e no artigo 32 das ordenanzas dáse resposta ás observacións do informe da Subdirección Xeral de Redes e Operadores de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. No punto 6.3 da memoria, conforme o establecido na determinación 1.4 das Directrices de ordenación do territorio, xustifícase a coherencia e conformidade da modificación puntual coas DOT. E no punto 6.4 da memoria, de acordo co establecido no artigo 5 do Real decreto 1367/2007, determínase a zona acústica do ámbito de actuación.

II.4. Daquela, poden considerarse emendadas as observacións formuladas na anterior Orde da CMATI do 3.7.2013.

De conformidade co artigo 89 e 93.4 da LOUG, e artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

III. Resolución.

Con base en todo o anterior,

RESOLVO:

1º. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual número 5 das NSM da Rúa, de acordo co previsto no punto 7.a) do artigo 85 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2º. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do plan aprobado definitivamente.

3º. Notifíqueselle esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

4º. Contra esta orde cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas