Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato da cesión do uso e explotación comercial dunha parte da rede pública sen fíos wifi.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato administrativo especial:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2263.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: especial.

b) Descrición do obxecto: cesión do uso e explotación comercial dunha parte da rede pública sen fíos wifi de Ourense.

c) CPV: 72510000-3.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 24 de xullo de 2013 e 26 de xullo de 2013.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Canon mínimo que terá que aboar o licitador por ano. Importe neto: 27.961,00 euros. IVE: 5.871,81 euros. Importe total: 33.832,81 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 24 de outubro de 2013.

b) Data de formalización: 12 de novembro de 2013.

c) Contratista: Gowex Wireless, S.L.

d) Canon anual: importe neto: 27.962 euros. IVE: 5.872,02 euros. Importe total: 33.834,02 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir a oferta con todas as prescricións do prego.

Ourense, 21 de novembro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde