Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48340

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO de licitación da explotación do albergue de Toxos Outos.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Lousame.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: explotación do aloxamento, bar cafetaría, restaurante, uso dos terreos, dos mobles e demais útiles inventariados no albergue de Toxos Outos.

c) Duración do contrato: dez anos, prorrogable.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto, oferta economicamente máis ventaxosa, varios criterios de adxudicación.

5. Canon: 2.400,00 euros/ano, mais o IVE correspondente.

6. Garantías exixidas.

Provisional: cen (100,00 €) euros.

Definitiva: seiscentos (600,00 €) euros.

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Lousame, praza Teodomiro Hidalgo, 1, 15214 Lousame. Teléfono: 981 82 04 94.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse entre as 9.00 e as 13.00 no Rexistro Xeral do Concello de Lousame no prazo de 15 días desde a súa publicación no último dos boletíns en que se publique (DOG e BOP da Coruña).

9. Apertura de ofertas.

O terceiro día hábil despois da finalización do prazo de presentacións de proposicións nas dependencias do Concello de Lousame ás 10.00 horas.

Lousame, 3 de decembro de 2013

María Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa