Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de apertura de taller.

Manuel Ramos Prada solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun establecemento dedicado a taller de carrozado de vehículos nunha nave situada na rúa 4, núm. 7, nave 2 do polígono industrial deste concello, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 29 de novembro de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde