Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 4 de decembro de 2013 polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento sancionador PSC/2013/11, por infracción en materia de autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

O 21 de outubro de 2013, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do procedemento sancionador PSC/2013/11 a Javier Varela Mariño.

Intentada a notificación segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LPAC), e ao non poderse practicar a notificación persoal, notifícaselle, por medio deste anuncio, ao abeiro do disposto no punto 5 do dito artigo, a Javier Varela Mariño o referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto no artigo 16.1 do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (en diante, RPS), para presentar alegacións ante a instrutora do procedemento no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios en Santiago de Compostela, situadas na rúa Manuel Murguía, nº 10, 1º, de Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da LPAC.

Advírteselle tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do RPS.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo do interesado en aplicación do artigo 59.5 da LPAC, co obxecto de que proceda á súa exposición no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

Anexo

Número de expediente: PSC/2013/11.

Presunto responsable: Javier Varela Mariño.

NIF: 44813484P.

Último domicilio coñecido: Centro de Fisioterapia Vilaxoán, r/ Víctor Pita, núm. 6, Vilaxoán, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 3.a) e 8. 1 e 8.2.a) do Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Tipificación provisional da infracción: grave (artigo 21.3.a) do Decreto 12/2009.

Precepto sancionador: artigo 44.2.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.