Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica resolución do procedemento de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2010/68-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 9 de agosto de 2010.

Faise saber que esta resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante a Dirección Xeral de Emprego e Formación, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación Empresarios A Baña.

Enderezo: praza do Cruceiro, s/n, 15863 A Baña (A Coruña).

Nº expte.: TR352A 2010/68-0.

Data da resolución do procedemento de reintegro: 10 de outubro de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2.a) da Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que cómpre reintegrar: 13.784,67 €.