Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 47893

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (Galicia Emprende).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 24 de outubro de 2013, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, facultando ao director xeral para a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro

Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 09, actuación 4, e convocar para 2014 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

Segundo

Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, existindo crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2014. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

Terceiro. Prazo presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 30 de abril de 2014, ou no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es

Cuarto. Créditos

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Ano 2014

Ano 2015

08.A1.741A.7704

1.000.000,00 €

2.000.000,00 €

Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto

Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas
ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo
de Desenvolvemento Rexional (Feder) Galicia 2007-2013

O Instituto Galego de Promoción Económica, no cumprimento das súas funcións,
desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da Comunidade galega.

A necesidade de que as administracións públicas implanten medidas concretas para fomentar o emprendemento e apoiar o emprendedor como axente dinamizador da economía en Galicia, vén dada polo alto grao de representatividade das pequenas e medianas empresas, determinantes do crecemento económico e soporte para a creación de emprego.

O contexto de incerteza actual require, máis que nunca, unha xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos, que cree contornas favorables que aceleren e consoliden a actividade emprendedora. Un dos retos actuais para o Goberno de Galicia nos momentos actuais é o crecemento empresarial, que proporcione unha contorna laboral máis estable e que permita o desenvolvemento dunha economía máis equilibrada. O apoio aos emprendedores é fundamental para que poidan actuar como catalizadores do repunte da nosa economía.

Co obxectivo de estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma, fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e favorecer a creación de emprego a través da creación de empresas por parte de novos emprendedores, o Igape desenvolve un sistema de incentivos de apoio a proxectos de ata 500.000 euros de investimento subvencionable.

O Consello da Xunta de Galicia, nas súas reunións do 24 de setembro e do 22 de outubro de 2009, aprobou o programa Impulsa-Lugo e o programa Impulsa-Ourense, respectivamente, nos que se establecen, entre outras, as medidas transitorias de apoio aos investimentos. Dada a situación económica actual en que as provincias de Lugo e Ourense e os concellos de Ferrolterra e A Costa da Morte se viron afectados con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das empresas existentes, así como unha menor implantación de novas iniciativas empresariais, considérase fundamental que o Igape, a través das súas liñas de axuda, conceda un nivel superior de intensidade de axuda ás iniciativas empresariais implantadas nestas áreas xeográficas coa finalidade de estimular o seu desenvolvemento económico e social.

Considerando o carácter básico do Igape como instrumento de promoción eminentemente horizontal e aberto á colaboración cos distintos departamentos da Xunta de Galicia, ademais do previsto nestas e demais bases, poderá xestionar e canalizar cara ao tecido empresarial outras medidas de acordo cos departamentos competentes por razón de materia.

As convocatorias de axuda serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Dirección Xeral do Igape. Estas convocatorias incluirán o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

A tramitación destas axudas exclúe a concorrencia competitiva con base no establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por canto serán subvencionables todos os proxectos que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, ata o esgotamento do crédito.

Artigo 1. Proxectos subvencionables

Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento, que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, entre eles:

a) Non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Presenten un custo subvencionable superior a 35.000 euros e non superior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.

c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda. Considerarase que non se cumpre esta condición cando unha persoa no momento da solicitude figure de alta no RETA cunha antigüidade superior a un ano ou teña unha participación igual ou superior ao 25 % noutra sociedade mercantil.

Artigo 2. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (CE) 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño), e cumpran as seguintes condicións:

1. Composición do capital, no caso de sociedades mercantís:

a) O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia na data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels. Cando da documentación e datos que consten no expediente se observase que se produce continuidade empresarial, por baixa recente (antigüidade menor a un ano) nunha actividade que é igual ou similar á que se propón como nova, ou por razóns que permiten concluír unha continuidade de empresa preexistente, poderase denegar motivadamente a axuda.

b) A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que estean desenvolvendo outras actividades económicas na data de solicitude non poderá exceder conxuntamente o 49 %. Polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20 % no capital e sen outra actividade económica por conta propia na data de solicitude deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova empresa (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude) e ata a fin do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.

2. Antigüidade na actividade empresarial:

i) No caso dos autónomos, a data de alta censual non poderá ter unha antigüidade superior a un ano no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude).

ii) No caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a un ano no momento da solicitude de axuda.

3. Contribución financeira exenta de axudas públicas:

Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

4. Actividades:

4.1. Están excluídas das axudas as seguintes actividades, segundo o Regulamento (CE) 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto):

a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura regulamentadas polo Regulamento (CE) 104/2000:

– CNAE 09: divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases agás 01.61, 01.62 e 02.40).

– CNAE 09: grupo 10.2 (todas as clases) e clase 46.38.

b) O sector da industria siderúrxica conforme a definición que recolle o anexo I das directrices comunitarias sobre as axudas de estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08):

– CNAE 09: grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51 e 24.52.

c) O sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo II das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08).

d) O sector do carbón e do aceiro:

– CNAE 09: división 05 (todos os grupos e clases).

e) O sector da construción naval consonte o disposto na comunicación da comisión DO C 160, do 28 de outubro de 2006:

– CNAE 09: clase 30.11.

4.2. Nos subsectores de hostalaría, restauración e hospedaxe, unicamente serán subvencionables as actividades de restaurantes e de hoteis de dúas estrelas ou superiores.

Artigo 3. Procedemento e réxime de aplicación

3.1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro do expediente completo e ata o esgotamento do crédito, do cal se fará publicidade no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es. Xustifícase a excepcionalidade por canto neste casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto de creación de empresa que, cumprindo os requisitos especificados nestas bases, poidan levar adiante en Galicia novos emprendedores, máis incluso na actual situación de dificultades na economía; así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de xeito continuo.

3.2. As axudas aos gastos de investimento previstas no artigo 6.1º.a) destas bases incardínanse no artigo 13 do Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías (DOUE L 214, do 9 de agosto).

3.3. As axudas aos gastos de alugamento de bens inmobles previstos no artigo 6.1.d) destas bases incardínanse no artigo 14 do Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías (DOUE L 214, do 9 de agosto). No caso de concesión de axudas sobre estes gastos a beneficiarios que superen os límites de pequena empresa establecidos no dito regulamento, incardinarase no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28 de decembro). Tamén se amparan no réxime de minimis os gastos previstos no artigo 6.1.b) e c).

3.4. As axudas aos gastos do informe de auditor previstos no artigo 6.1º.e) destas bases incardínanse no artigo 26 do Regulamento nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, de exención por categorías.

3.5. A resolución de concesión determinará os importes de subvención que correspondan a cada epígrafe. A concesión destas axudas condiciónase á prórroga da vixencia do mapa rexional de axudas para España.

3.6. A subvención aos proxectos estará cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 09, actuación 4 e están sometidos ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular os regulamentos (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo (DOUE L 210/25, do 31 de xullo), Regulamento (CE) 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo, (DOUE L 210/1, do 31 de xullo), e Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (DOUE L 45, do 15 de febreiro de 2007). Os gastos subvencionables cumprirán os requisitos establecidos pola Orde EHA/524/08, do 26 de febreiro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Cohesión (BOE nº 53, do 1 de marzo de 2008).

Artigo 4. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

4.1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda ou subvención para o mesmo proxecto cofinanciada con fondos ou instrumentos da UE, agás coas axudas ou programas de carácter financeiro: como subsidiación ao tipo de xuro, microcréditos, garantías ou préstamos directos.

4.2. Noutro caso, as axudas serán compatibles con calquera outra liña de subvencións, sempre que respecten as intensidades de axuda máxima indicadas nestas bases.

4.3. A obtención doutras axudas ou subvencións ao mesmo proxecto deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado.

En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto, así como das axudas recibidas en réxime de minimis. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 5. Intensidade da axuda

5.1. Segundo o tipo de gasto subvencionable, a intensidade da axuda concedida non poderá superar:

5.1.1. Para os gastos de investimento:

a) Como regra xeral:

– Ata o 40 % para medianas empresas.

– Ata o 50 % para pequenas empresas.

– Ata o 30 % para empresas do sector do transporte.

b) Axudas ao investimento no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, ata o 50 %.

5.1.2. Para os gastos de alugamento a pequenas empresas de recente creación do artigo 14 do Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías; ata o 35 % dos custos subvencionables.

5.1.3. Para os gastos de informe de auditor do artigo 26 do Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías; ata o 50 % dos custos subvencionables.

5.1.4. No caso das axudas outorgadas en réxime de minimis aos gastos de aprovisionamento e os gastos de alugamento de bens inmobles concedidos a beneficiarios que superen os límites de pequena empresa, comprobarase que as axudas totais concedidas en réxime de minimis a estes beneficiarios non superarán os 200.000 euros no exercicio corrente e nos dous exercicios anteriores. O límite máximo de axuda total de minimis redúcese a 100.000 euros para as empresas que operen no sector de transporte por estrada.

5.2. Respectando os límites establecidos para cada tipo de gasto no artigo 5.1. anterior, a intensidade de axuda concedida establécese entre un mínimo dun 15 % dos gastos subvencionables e un máximo do 50 %. A dita intensidade da axuda resultará da aplicación da seguinte fórmula: 15+35×(puntos obtidos/100) da puntuación obtida coa aplicación dos seguintes criterios:

a) A localización do proxecto, segundo o anexo III destas base (máximo 30 puntos).

Aplicaranse 30 puntos para os proxectos do anexo III.a), 10 puntos para os do anexo III.b) e 5 para os do anexo III.c).

b) Compromiso de creación de emprego indefinido por conta allea. Outorgaranse 3 puntos por cada novo emprego que se comprometan a crear. Asignaránselles 2 puntos adicionais se o compromiso relativo a algún dos empregos que creen nese período pertence a colectivos con dificultades de acceso ao emprego: persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego, persoas desempregadas de máis de 45 anos, mozas e mozos menores de 30 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade, persoas desempregadas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social ou mulleres desempregadas (máximo 20 puntos).

c) O sector de actividade a que se dirixe o proxecto (máximo 20 puntos). Aos proxectos dos sectores relacionados no anexo IV destas bases asignaránselles 20 puntos. Asignándollles 10 puntos aos proxectos pertencentes a sectores non prioritarios.

d) O valor engadido medio xerado pola actividade económica en que se vai encadrar o proxecto (en función da ratio asignable a cada sector de actividade a 2 díxitos), segundo as táboas indicadas no anexo V destas bases (0-20 puntos).

A puntuación vén dada pola aplicación da seguinte fórmula: (valor engadido medio do sector×20)/92,66; sendo 92,66 o valor máis alto do valor engadido bruto/ingresos dos distintos sectores de actividade.

e) A cualificación do proxecto como iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT) polo órgano competente da Xunta de Galicia (10 puntos).

Artigo 6. Gastos subvencionables e non subvencionables

6.1. Para os efectos do cálculo da subvención a fondo perdido consideraranse integrados na base subvencionable os conceptos seguintes, que reúnen os requisitos establecidos na Orde EHA/524/08, do 26 de febreiro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Cohesión (BOE nº 53, do 1 de marzo de 2008).

a) Investimentos realizados en:

i. Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo VI.

ii. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, utensilios, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto. Nos sectores do transporte e loxístico non serán subvencionables os elementos de transporte exterior.

iii. Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.

iv. Activos inmateriais vinculados á transferencia de tecnoloxía, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, Know How e coñecementos técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas, que cumpran as condicións do artigo 12.2 do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías (DOUE L 214, do 9 de agosto).

b) Gastos de aprovisionamentos de materias primas, produtos terminados ou servizos de profesionais independentes necesarios para vender un produto ou servizo. Poden representar ata o 10 % do proxecto subvencionado total.

c) Gastos de investigación e desenvolvemento e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.

d) Os gastos de alugamento de bens inmobles, ata un prazo máximo dun ano.

e) Os gastos do informe de auditor a que fai referencia o artigo 16.6º destas bases.

6.2. Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. O dito prazo iniciarase coa presentación da solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión en atención ás características do proxecto para os efectos do cumprimento de todas as condicións da subvención, data que non excederá o 30 de xuño de 2015.

Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita a subvención, poderán ser realizados con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

6.3. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. Deben constar neste momento o vencemento e o pagamento das cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.

6.4. O investimento en inmobles terá que ser mantido, vinculado á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia durante polo menos 5 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión e o resto do investimento polo menos 3 anos desde a finalización do dito prazo. O emprego deberá manterse durante polo menos 2 anos a partir da finalización do prazo de execución do proxecto. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada.Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.

6.5. No caso dos activos intanxibles, para ser considerados subvencionables, deberán cumprir ademais todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa; 4) deberán incluírse nos activos da empresa.

6.6. Non se subvencionarán os gastos e/ou investimentos cuxo importe sexa superior ao indicado no anexo VI destas bases reguladoras.

6.7. Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude, coa súa planificación anualizada. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá na resolución individual correspondente os investimentos subvencionados ata o remate do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.

6.8. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante. As ofertas deberán ter sinatura e selo orixinal do provedor. Para modificar o provedor seleccionado, deberá pedir previamente á súa contratación autorización ao Igape e xustificar as razóns do cambio.

6.9. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda.

6.10. Os gastos subvencionables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

6.11. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Artigo 7. Consentimentos e autorizacións

7.1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

7.2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións, convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no dito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos. Todo isto consonte o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

7.3. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, o Igape publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

Esta autorización esténdese á cesión dos seus datos persoais á entidade colaboradora do Igape, á entidade financeira en que se aboe o pagamento das axudas, ao Diario Oficial de Galicia e ás demais cesións previstas na lei.

O solicitante poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto do contido dos rexistros antes citados, ante a Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, sito no Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, en aplicación do disposto no Decreto 132/2006.

7.4. A presentación da solicitude polo interesado comportaralle a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización deberá, obrigatoriamente, presentar as certificacións coa solicitude. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de emisión do certificado telemático, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

7.5. O solicitante poderá autorizar o órgano xestor para acceder ao sistema de verificación de datos de identidade, co fin de evitar a achega do seu DNI, ou do seu representante legal. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización, deberá, obrigatoriamente, presentar o DNI coa solicitude.

7.6. As propostas que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2º.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro.

Artigo 8. Solicitudes

8.1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

8.2. Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e, cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet.

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.

8.3. As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. Na instancia será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, concedéndolles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal, se darán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

8.4. Xunto coa instancia de solicitude, presentarase a seguinte documentación:

8.4.1. Para todas as solicitudes:

a) Certificado de vida laboral na data de solicitude de axuda dos promotores (persoas físicas) que cumpran a condición de novo emprendedor segundo o artigo 1 das bases reguladoras.

b) Declaración asinada por todos os promotores que, cumprindo as condicións de novo emprendedor, vaian dedicarse en exclusiva ao proxecto empresarial para o cal se solicita axuda.

c) Plan de empresa, o cal se debe xuntar como documento ao formulario de solicitude.

d) As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3º da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 6.8 das bases reguladoras. Calquera cambio na oferta seleccionada deberá contar coa autorización do Igape, segundo o disposto no citado artigo.

e) Proxecto técnico visado elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que prevexan gastos de obra civil (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

8.4.2. Para sociedades xa constituídas:

a) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente.

b) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.

8.4.3. Para sociedades en constitución:

a) Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.

b) Proxecto de estatutos da sociedade, o cal se debe xuntar como documento ao formulario de solicitude.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade a ditarse a proposta de resolución. Para tal fin, a documentación establecida no artigo 8.4.2 anterior terá que ser presentada no Igape no prazo máximo de dous meses desde a presentación da instancia de solicitude (en caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo finalizará o día hábil seguinte) e, en todo caso, antes do 15 de maio de 2014. Transcorrido o dito prazo sen tela presentada ou se a documentación presentada fose incorrecta, e logo de requirimento para a súa emenda no prazo de dez días, o Igape arquivará o expediente.

De acordo co disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

8.5. Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da instancia de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela.

Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamén se poderá presentar en soporte papel no Rexistro Xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando a instancia de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, acompañada da documentación establecida no artigo 8.4, en orixinal ou copia cotexada (agás a documentación que se debe xuntar como documento ao formulario de solicitude).

8.6. Na presentación electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.4 e a persoa que asina a solicitude responsabilizarase e garantirá a fidelidade dos ditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirirlle ao interesado a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.

Para achegar xunto coa instancia de solicitude os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais, obtendo arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante.

Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

d) Unha vez asinada a instancia de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferida estas ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

d) No momento da presentación o Rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

e) Os interesados que cumpran os requisitos da alínea b) anterior tamén poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante teña indicado no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación telemática para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recibo das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE nº 150, do 23 de xuño), e no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, que regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela.

8.7. Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante. Dentro do prazo de presentación de solicitudes poderán modificarse os termos da solicitude inicial, utilizando para isto a aplicación informática para xerar un formulario modificado, cuxo IDE será de obrigatoria inclusión no escrito de comunicación ao Igape das ditas modificacións. Para os efectos de prioridade na resolución terase en conta a data de presentación da solicitude modificada.

Artigo 9. Órganos competentes

A Área de Competitividade será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención e corresponde, por delegación do Consello de Dirección do Igape, ao titular da Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica ditar a resolución que poña fin ao procedemento administrativo.

Artigo 10. Instrución dos procedementos

10.1. A solicitude de axuda será examinada polos servizos técnicos do Igape en función dos datos relativos ao solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e no formulario.

10.2. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude ou o formulario non reúnen alguna das informacións exixidas, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se considerará que desiste na súa petición, logo da correspondente resolución. Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 7.4º destas bases resulta que o solicitante non se atopa ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e sociais co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

10.3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

10.4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, en que se indicarán as causas desta.

10.5. Unha vez instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados, para que no prazo de dez días poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Artigo 11. Resolución

11.1. Unha vez examinada a solicitude, a proposta de resolución será elevada ao titular da Dirección Xeral do Igape. O procedemento de concesión resolverase no prazo de quince días desde a data de elevación da proposta de resolución e axustarase ao disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia, así como o contido da resolución.

11.2. Na resolución de concesión de axuda farase constar o importe do concepto subvencionable que hai que xustificar, a contía e porcentaxe da axuda concedida, o prazo máximo para executar o proxecto e o prazo máximo para presentar a xustificación ao Igape. Así mesmo, constará a obriga por parte do beneficiario de indicar en todo labor de difusión, publicidade ou análogo da actividade subvencionada, a mención expresa de que a dita actuación foi financiada polo Igape e pola Consellería de Economía e Industria, así como polo fondo Feder. Así mesmo, os beneficiarios serán informados de que a aceptación da subvención implica a súa inclusión na lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2º.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro.

11.3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

11.4. Transcorridos 10 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da resolución definitiva sen que o interesado comunique expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e, desde ese momento, adquirirá a condición de beneficiario. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumprir as condicións establecidas na resolución, nas bases reguladoras da axuda e nas demais disposicións legais e regulamentarias que sexan de aplicación. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992. No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

11.5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o 30 de xuño de 2014, transcorrido o cal poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

Artigo 12. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición que resolverá a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 13. Notificacións

Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido no artigo 24 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Modificación da resolución

14.1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas ás datas de execución do proxecto, á localización, ao compromiso de creación de emprego, á composición do capital (no caso de sociedades mercantís) e ás variacións entre partidas de gasto.

A solicitude de modificación deberá presentarse con anterioridade mínima de tres meses ao vencemento do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.

Artigo 15. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos en inmobles durante polo menos 5 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión e manter o resto de investimentos durante polo menos 3 anos desde a finalización do dito prazo. O emprego deberá manterse durante polo menos 2 anos a partir da finalización do prazo de execución do proxecto. Na súa virtude, a axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento, o cesamento da actividade ou os postos de traballo. A axuda está condicionada ao respecto desas condicións e será obxecto dun procedemento de reintegro noutro caso.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou gozo da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006. O beneficiario deberá conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo Feder 2007-2013 de Galicia, tal como se define no artigo 89, punto 3º do Regulamento 1083/2006 do Consello.

d) Comunicarlle ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes establecidas no punto 5.1 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.

e) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, durante polo menos un período de tres anos a partir do peche do programa operativo Feder de Galicia 2007-2013, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

g) Darlle publicidade ao financiamento polo Igape dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape e da Consellería de Economía e Industria e do Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nos stands, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión mais alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas noutros medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria, se é o caso, que sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es

Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG nº 227, do 19 de novembro), e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro. Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

j) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 16. Xustificación da subvención

16.1. Os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento da subvención no prazo improrrogable dun mes desde o remate do prazo de execución establecido na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 31 de outubro de 2014 para os proxectos que finalicen no ano 2014 e o 31 de xullo de 2015 para os proxectos que finalicen no ano 2015 (en caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo finalizará o día hábil seguinte).

16.2. Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o formulario de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL), que identificará univocamente a solicitude de cobramento. Este IDEL estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación citada anteriormente. Este formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa.

16.3. A solicitude de cobramento presentarase mediante a instancia normalizada que a título informativo figura como anexo II a estas bases, na cal será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo do requirimento formulado para tal fin.

16.4. Unha vez xerada a solicitude de cobramento, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da instancia de solicitude de cobramento normalizada co IDEL (anexo II), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns ao servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela, e sempre que o solicitante cumpra os requisitos previstos no anterior artigo 8.6 das bases reguladoras.

Alternativamente, unha vez xerada a solicitude de cobramento, tamén se poderá presentar en soporte papel no Rexistro Xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando a instancia de solicitude de cobramento normalizada (anexo II) co IDEL, acompañada da documentación establecida no artigo 16.6, en orixinal ou copia cotexada.

Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, o beneficiario deberá achegar coa solicitude de cobramento as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 16.6 e a persoa que asina a solicitude responsabilizarase e garantirá a fidelidade dos ditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirirlle ao beneficiario a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.

16.5. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación for incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2º do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

16.6. Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará:

a) As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do investimento subvencionable. No caso de construción, rehabilitación ou mellora de inmobles requirirase escritura pública que terá que facer constancia de que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención e o importe da subvención concedida, debendo ser obxecto estes aspectos de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

b) A documentación acreditativa do pagamento, por algún dos seguintes medios:

i) Xustificante de transferencia bancaria ou documentos mercantís utilizados como medios de pagamento emitidos e con vencemento dentro do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, así como o seu cargo en conta. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Os extractos bancarios a través da internet deberán ter estampado o selo orixinal da entidade financeira.

ii) Certificación bancaria orixinal conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como a data efectiva deste.

iii) Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos investimentos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente. Os beneficiarios da axuda que presenten este informe terán prioridade na tramitación da súa solicitude.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, selada e asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto subvencionado, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas no proxecto e, ademais algún dos seguintes documentos: relación emitida e selada polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou xustificante orixinal asinado e selado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ao proxecto.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con fotocopia dos documentos bancarios de cargo nos cales conste o cambio empregado.

c) Se é o caso, licenza de obras.

d) No caso de investimentos en activos intanxibles, deberán acreditarse as condicións establecidas no artigo 6.5 destas bases, mediante informe de auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que verifique o cumprimento das condicións 2ª, 3ª e 4ª do citado artigo.

e) A licenza de apertura e acreditación polo beneficiario de ter obtido as autorizacións administrativas que, de ser o caso, correspondan ao seu proxecto.

f) A copia en formato impreso ou en formato dixital –que permita a súa lectura– de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 15.g) destas bases.

g) O certificado de vida laboral durante o período de execución do proxecto do promotor, expedido pola Administración competente, para acreditar a xustificación da dedicación plena á actividade empresarial.

h) O certificado do secretario do Consello de Administración ou persoa con poder suficiente, que indique a composición do capital e as súas modificacións durante o período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, achegando, se é o caso, as escrituras correspondentes, para os efectos de acreditar que a composición accionarial do beneficiario durante o período de execución do proxecto se axustou ao disposto no artigo 2 destas bases.

i) A alta censual da empresa ou último recibo do IAE pagado na actividade subvencionada.

j) Se é o caso, contrato de alugamento a nome do titular do expediente, en que se faga constar que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención. No caso de que entre a base subvencionable figuren investimentos que pola súa natureza se incorporen definitivamente ao inmoble arrendado (reformas etc.), o contrato de arrendamento deberá outorgarse por un período mínimo de 5 anos contados desde o remate do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, adicionais ao período subvencionable.

k) No caso de creación de emprego indefinido por conta allea, certificados de vida laboral da empresa no día de solicitude de axuda do ano de convocatoria da axuda e na data límite de execución do proxecto aprobado establecida na resolución de concesión.

Así mesmo, no caso de contratacións de persoas de colectivos con dificultades de acceso ao emprego, deberán achegar a súa relación, selada e asinada polo representante legal da empresa, indicando: nome, apelidos e NIF, co obxecto de solicitarlle os informes oportunos ao Servizo Público de Emprego de Galicia, respecto do cumprimento dos requisitos para a pertenza ao dito colectivo.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación achegada.

16.7. O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade, nos cales se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 15.f): número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

16.8. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento, para ser beneficiario da axuda.

16.9. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, de ser o caso, das cantidades previamente aboadas.

16.10. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total de gasto aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

16.11. Cando o beneficiario da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 14 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros.

A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Aboamento das axudas

17.1. Con carácter xeral, o aboamento das axudas realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

17.2. Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes.

Artigo 18. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

18.1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

18.2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

18.3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e deberanse, se e o caso, reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 50 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total e deberanse reintegrar todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

b) No caso de incumprimento doutras condicións, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida. Para tal efecto, o Igape poderá desenvolver mediante unha instrución da Dirección Xeral os criterios de graduación para determinar o alcance da obriga de reintegro.

Artigo 19. Réxime sancionador

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Galego de Promoción Económica para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006.

Artigo 21. Comprobación de subvencións

21.1. O órgano concedente comprobará a xustificación adecuada da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención. O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de gasto será de 3 anos posteriores ao peche do programa operativo Feder 2007-2013 de Galicia, tal como se define no artigo 89, número 3 do Regulamento 1083/2006 do Consello.

21.2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

21.3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Publicidade

22.1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape e a Consellería de Economía e Industria incluirán as axudas concedidas ao abeiro destas bases e as sancións, que como consecuencia delas puidesen impoñer, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade.

22.2. De acordo co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na páxina web do Igape (www.igape.es) e no Diario Oficial de Galicia, en que expresará a norma reguladora, o beneficiario, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos do beneficiario e a súa publicación nos citados medios.

A publicación no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións. Non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento; no Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE; no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28 de decembro); no Regulamento (CE) 1083/2006, Regulamento xeral de fondos (modificado polo Regulamento (CE) 846/2009), no Regulamento (CE) 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo (DOUE L 210/1, do 31 de xullo), e no resto da normativa que resulte de aplicación.

En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 48 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Localizacións preferentes

Axudas do Igape aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

a) Para os proxectos que se van implantar nos seguintes concellos, nos criterios de determinación do importe da subvención, o criterio de localización puntuarase con 30 puntos:

• Concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal: A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, Somozas, Valdoviño.

• Concellos da Costa da Morte: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo, Zas.

• Concellos da provincia de Lugo.

• Concellos da provincia de Ourense.

b) Para os proxectos que se van implantar nos seguintes concellos, nos criterios de determinación do importe da subvención, o criterio de localización puntuarase con 10 puntos:

Provincia da Coruña

Abegondo

Dodro

Pino, O

Aranga

Frades

Porto do Son

Arzúa

Irixoa

Rois

Baña, A

Lousame

Santiso

Betanzos

Melide

Sobrado

Boimorto

Mesía

Toques

Boqueixón

Negreira

Tordoia

Brión

Noia

Touro

Cerceda

Ordes

Trazo

Cesuras

Outes

Val do Dubra

Coirós

Oza dos Ríos

Vedra

Curtis

Paderne

Vilasantar

Padrón

Vilarmaior

Provincia de Pontevedra

Agolada

Dozón

Oia

Arbo

Estrada, A

Pazos de Borbén

Barro

Forcarei

Ponte Caldelas

Campo Lameiro

Fornelos de Montes

Pontecesures

Cañiza, A

Lama, A

Portas

Catoira

Lalín

Rodeiro

Cerdedo

Meis

Salvaterra de Miño

Cotobade

Mondariz

Silleda

Covelo, O

Mondariz-Balneario

Vila de Cruces

Crecente

Moraña

Valga

Cuntis

Neves, As

c) Para os proxectos que se van implantar nos restantes municipios, nos criterios de determinación do importe da subvención, o criterio de localización puntuarase con 5 puntos.

ANEXO IV
Sectores prioritarios

Axudas do Igape aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Para os proxectos dos seguintes sectores, nos criterios de determinación do importe da subvención, o criterio de sector de actividade puntuarase con 20 puntos.

1. Sector auxiliar de automoción.

2. Industria da madeira.

3. Industria de transformación agroalimentaria.

4. Sector moda (confección e complementos), agás o que se refira ao sector das fibras sintéticas tal como o define o anexo II das directrices comunitarias sobre axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08), DOUE do 4 de marzo de 2006.

5. Industria aeronáutica e auxiliar.

6. Sector náutica deportiva e de recreo e auxiliar de náutica deportiva e de recreo.

7. Sector químico e industria farmacéutica.

8. Fabricación de material sanitario.

9. Biotecnoloxía, biomecánica.

10. Fabricación de equipamentos medioambientais.

11. Fabricación de equipamentos e sistemas para instalacións de enerxías renovables.

12. Eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.

13. Servizos e desenvolvemento de software.

14. Sector audiovisual e desenvolvemento de contidos.

15. Centros telemáticos.

ANEXO V
Táboa con datos do valor engadido bruto medio por sectores de actividade

Axudas do Igape aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Sectores de actividade

VEB

Sectores de actividade

VEB

01 Agricultura; gandaría; caza e servizos relacionados con estas

21,21 %

50 Transporte marítimo e por vías navegables interiores

46,06 %

02 Silvicultura e explotación forestal

47,80 %

51 Transporte aéreo

42,05 %

07 Extracción de minerais metálicos

55,75 %

55 Servizos de aloxamento

48,06 %

08 Outras industrias extractivas

45,38 %

56 Servizos de comidas e bebidas

38,28 %

09 Actividades de apoio ás industrias extractivas

4,12 %

58 Edición

41,84 %

10 Industria da alimentación

14,46 %

59 Actividades cinematográficas; de vídeo e de programas de televisión; gravación de son e edición musical

46,44 %

11 Fabricación de bebidas

27,79 %

60 Actividades de programación e emisión de radio e televisión

-89,90 %

13 Industria téxtil

29,01 %

61 Telecomunicacións

23,97 %

14 Confección de prendas de vestir

22,67 %

62 Programación; consultoría e outras actividades relacionadas coa informática

60,96 %

15 Industria do coiro e do calzado

30,47 %

63 Servizos de información

58,34 %

16 Industria da madeira e da cortiza; excepto mobles; cestaría e espartaría

21,68 %

64 Servizos financeiros; excepto seguros e fondos de pensións

90,15 %

17 Industria do papel

22,69 %

65 Seguros; reaseguros e fondos de pensións; excepto Seguridade Social obrigatoria

18,78 %

18 Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

37,51 %

66 Actividades auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros

82,94 %

20 Industria química

14,46 %

68 Actividades inmobiliarias

49,90 %

21 Fabricación de produtos farmacéuticos

69,78 %

69 Actividades xurídicas e de contabilidade

69,06 %

22 Fabricación de produtos de caucho e plásticos

24,20 %

70 Actividades das sedes centrais; actividades de consultoría de xestión empresarial

34,41 %

23 Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

23,56 %

71 Servizos técnicos de arquitectura e enxeñaría; ensaios e análises técnicas

46,44 %

24 Metalurxia; fabricación de produtos de ferro; aceiro e ferroaleacións

9,24 %

72 Investigación e desenvolvemento

55,10 %

25 Fabricación de produtos metálicos; excepto maquinaria e equipamento

30,36 %

73 Publicidade e estudos de mercado

25,53 %

26 Fabricación de produtos informáticos; electrónicos y ópticos

38,17 %

74 Outras actividades profesionais; científicas e técnicas

48,06 %

27 Fabricación de material e equipamento eléctrico

16,28 %

75 Actividades veterinarias

44,92 %

28 Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.o.p.

33,61 %

77 Actividades de alugamento

45,75 %

29 Fabricación de vehículos de motor; remolques e semirremolques

14,65 %

78 Actividades relacionadas co emprego

92,66 %

30 Fabricación doutro material de transporte

7,10 %

79 Actividades de axencias de viaxes; operadores turísticos; servizos de reservas e actividades relacionadas con eles

9,26 %

31 Fabricación de mobles

33,05 %

80 Actividades de seguridade e investigación

75,87 %

32 Outras industrias manufactureiras

39,13 %

81 Servizos a edificios e actividades de xardinaría

58,47 %

33 Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

29,80 %

82 Actividades administrativas de oficina e outras actividades auxiliares ás empresas

60,92 %

35 Subministración de enerxía eléctrica; gas; vapor e aire acondicionado

59,66 %

85 Educación

51,47 %

36 Captación; depuración e distribución de auga

56,20 %

86 Actividades sanitarias

56,17 %

37 Recollida e tratamento de augas residuais

37,60 %

87 Asistencia en establecementos residenciais

71,44 %

38 Recollida; tratamento e eliminación de residuos; valorización

52,25 %

88 Actividades de servizos sociais sen aloxamento

67,81 %

39 Actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos

32,97 %

90 Actividades de creación; artísticas e espectáculos

34,55 %

41 Construción de edificios

22,71 %

91 Actividades de bibliotecas; arquivos; museos e outras actividades culturais

65,86 %

42 Enxeñaría civil

21,87 %

92 Actividades de xogos de azar e apostas

26,27 %

43 Actividades de construción especializada

35,42 %

93 Actividades deportivas; recreativas e de entretemento

49,95 %

45 Venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas

14,49 %

94 Actividades asociativas

43,58 %

46 Comercio grosista e intermediarios do comercio; excepto de vehículos de motor e motocicletas

10,87 %

95 Reparación de ordenadores; efectos persoais e artigos de uso doméstico

36,23 %

47 Comercio retallista; excepto de vehículos de motor e motocicletas

23,90 %

96 Outros servizos persoais

47,00 %

49 Transporte terrestre e por tubaxe

35,00 %

99 Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais

52,97 %

ANEXO VI
Criterios de módulos de custos subvencionables máximos

Axudas do Igape aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Módulos de custo máximo aplicables:

1. Obra civil (construcións e rehabilitacións).

– Espazos industriais e loxísticos:

1. Naves: 252 €/m2.

2. Oficinas: 303 €/m2.

3. Naves con instalacións frigoríficas: 315 €/m2.

Reforma ou rehabilitación: redución ao 80 % dos valores anteriores.

– Sector turismo: construción, modernización, rehabilitación ou reforma:

1. Edificios: módulo de custo máximo=(M×K) €/m2.

M=365 €.

K=2,75 (hoteis 5 estrelas).

2,25 (hoteis 4 estrelas).

2,00 (hoteis 3 estrelas e turismo rural).

1,75 (hoteis 2 estrelas).

1,50 (hoteis 1 estrela, hostais, pensións).

2. Aparcamentos:

Edificados en edificio: módulo nave industrial.

Aparcamentos externos: 40 €/m2.

3. Instalacións especiais (piscinas, spas, canchas deportivas, ...): respectarase o custo proxectado.

– Sectores de restauración, cafetaría, comercio e servizos en xeral:

1. Custos construtivos, reformas ou rehabilitacións: 730 €/m2.

2. Aparcamentos e instalacións especiais: aplicarase o establecido no sector turismo.

2. Outros investimentos:

Investimento máximo noutros activos no sector turismo (mobiliario + decoración + menaxe + ...):

16.672 €/cuarto (hoteis 5 estrelas).

11.670 €/cuarto (hoteis 4 estrelas).

8.336 €/cuarto (hoteis 3 estrelas e turismo rural).

6.669 €/cuarto (hoteis 2 estrelas).