Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 28 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións de varios expedientes de reclamación eléctrica.

Notifícase, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aos interesados a resolución dos expedientes de reclamación eléctrica que a continuación se relacionan, anexo, ao seren devoltos polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas, interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o devandito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

As persoas interesadas poderán comparecer, na xefatura territorial , situada na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 28 de novembro de 2013

Xefe territorial de Ourense
P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Nº expediente

Interesado

DNI/NIF

Domicilio

IN635A 2012/160-3

Ekilatero Eventos, S.L.

B-32433658

Parque Empresarial Chorente, nave 27, Allariz

IN635A 2013/91-3

Leonardo García Fernández

34267147-E

Rúa Cigoña, 19. A Rúa