Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 26 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a Granitos Penalonga, S.L. o requirimento de actuacións e presentación de documentación en relación co permiso de investigación Carbelo nº 2783, situado nos termos municipais de Crecente e Melón.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a Granitos Penalonga, S.L., con CIF B-32224750, o requirimento de actuacións e presentación de documentación por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, relativa ao permiso de investigación Carbelo nº 2783, situado nos termos municipais de Crecente (Pontevedra) e Melón (Ourense).

Comunícase o que dito requirimento de actuacións e presentación de documentación se atopa á súa disposición, no prazo de 10 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Pontevedra, 26 de novembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra