Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de San Amaro (expediente IN407A 2013/15-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria).

Enderezo social: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3-2º, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT e CT Centro de Interpretación da Cultura Castrexa.

Situación: San Amaro.

Características técnicas:

LMT aereosubterránea a 20 kV, de 20 m en aéreo con condutor LA-56 e 1.315 m en subterráneo con condutor RHZ1, con entrada e saída no CT proxectado, en caseta, Centro de Interpretación da Cultura Castrexa en Las (San Cibrao) de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 59.998,00 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez,1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 28 de novembro de 2013

Xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas