Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a modificación dos límites do couto de pesca de Boborás, no río Viñao.

De conformidade do artigo 15 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, o Servizo de Conservación da Natureza acordou iniciar o trámite de modificación dos límites do couto de pesca de Boborás, no río Viñao, coas seguintes características:

Río: Viñao.

Concellos: O Irixo e Boborás.

Límites actuais:

Límite superior: ponte da Barcia (O Irixo).

Límite inferior: muíño da Teixeira (Boborás).

Lonxitude: 9,3 km.

Límites propostos:

Límite superior: ponte do muíño de Santiso (O Irixo).

Límite inferior: muíño da Teixeira (Boborás).

Lonxitude: 10,5 km.

As persoas que se consideren afectadas por esta modificación poderán alegar por escrito o que crean necesario. Para iso dispoñen dun prazo de 15 días, que comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Poderán acceder á información sobre as características da modificación do couto nas dependencias do Servizo de Conservación da Natureza no enderezo rúa do Paseo, 18, 5º, 32003 Ourense.

Ourense, 8 de novembro de 2013

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense