Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se somete a trámite de información pública o expediente de reestruturación do contrato de xestión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2702; XG-288, A Estrada-Padrón, con anexos, de Exprés de Vea, S.L.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de reestruturación do contrato de xestión de servizo público V-2702; XG-288, A Estrada-Padrón, con anexos, de Exprés de Vea, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, nº 43-1º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es

Pontevedra, 8 de novembro de 2013

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra