Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia (expediente 77/2013).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia.

c) Tipo de fondo: fondos propios dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para as anualidades 2013 e 2014.

3. Tramitación e procedemento: ordinario e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: quiñentos vinte e oito mil novecentos vinte e cinco euros con sesenta e dous céntimos (528.925,62 €) ao cal se lle engaden cento once mil setenta e catro euros con trinta e oito céntimos (111.074,38 €) que corresponden ao 21 % de IVE, o que supón un orzamento total de seiscentos corenta mil euros (640.000,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 25 de outubro de 2013.

b) Contratista: Canal Uno de Comunicación, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: quiñentos dezanove mil oitocentos vinte e catro euros con trece céntimos (519.824,13 €), máis cento nove mil cento sesenta e tres euros con sete céntimos (109.163,07 €), correspondentes ao IVE 21 %, o que supón un total de seiscentos vinte e oito mil novecentos oitenta e sete euros con vinte céntimos (628.987,20 €).

6. Formalización: 15 de novembro de 2013.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar