Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos correspondentes á subministración sucesiva de uniformes e roupa plana para esta consellería (expediente 54/2013).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de uniformes e roupa plana para a Consellería de Traballo e Benestar.

c) Tipo de fondo: fondos propios dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2013, 2014 e 2015.

3. Tramitación e procedemento: ordinario e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: un millón douscentos vinte e nove mil catrocentos cincuenta e sete euros con catorce céntimos (1.229.457,14 €) máis douscentos cincuenta e oito mil cento oitenta e seis euros (258.186,00 €) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de un millón catrocentos oitenta e sete mil seiscentos corenta e tres euros con catorce céntimos (1.487.643,14 €).

Importe distribuído para os seguintes lotes:

Lote 1. Uniformes: 679.359,00 € + IVE (142.665,39 €) = 822.024,39 €.

Lote 2. Roupa plana: 550.098,14 € + IVE (115.520,61 €) = 665.618,75 €.

5. Adxudicación dos dous lotes:

a) Data: 23 de outubro de 2013.

b) Contratista: El Corte Inglés, S.A.

c) Nacionalidade: española

d) Importes de adxudicación:

Lote 1. Uniformes: 426.232,98 € + 89.508,93 € (IVE 21 %) = 515.741,91 €.

Lote 2. Roupa plana: 421.622,24 € + 88.540,67 € (IVE 21 %) = 510.162,91 €.

6. Formalización dos dous lotes: 15 de novembro de 2013.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar