Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2013/40-2, 8124 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio Social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMT en avda de Cea-A Barrela.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

LMTA a 20 kV con orixe nun apoio existente da LMT PRS 803 e final nun apoio proxectado tipo CH-13P/1000 pertencente á mesma liña, cunha lonxitude de 254 metros, en condutor LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de novembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo