Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47602

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2663/2011).

Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2663/2013 desta sección, seguido por instancia de Ángel Rial Álvarez contra Gabial Chapela, S.L., mutua Fremap, INSS e TXSS sobre accidente de traballo, se ditou resolución, coa seguinte parte dispositiva:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Elvira Landín Aguirre, en nome e representación de Ángel Rial Álvarez contra a sentenza do 25 de marzo de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, no procedemento 1296/2010 seguido por instancia de Ángel Rial Álvarez contra Fremap, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 61, a empresa Gabial Chapela, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Gabial Chapela, S.L., con último domicilio coñecido na avenida de Redondela, 118, 36320 Redondela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de setembro de 2013

A secretaria xudicial