Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47600

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (40/2008).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto, anuncio:

Neste procedemento de dereitos fundamentais número 40/2008, seguido por instancia da Administración estatal, ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame son do seguinte teor literal:

«Benigno López González (pte.), Julio César Díaz Casales.

José Ramón Chaves García.

A Coruña, cinco de xuño de dous mil trece.

No recurso contencioso-administrativo que, co número DF 40/2008, pende de resolución ante esta sala, interposto por Luis Núñez Desiré, que comparece por si mesmo, contra a desestimación por silencio administrativo a recurso de revisión por parte da Dirección Xeral de Función Pública, sobre valoración de tempo traballado en campañas de saneamento gandeiro. É parte a Administración demandada, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, representada e dirixida polo letrado da Xunta de Galicia. Comparecen Jesús Díez Álvarez, Fernando Vázquez Miranda, María Elena Corton Muinelo, Elisardo Daniel Barcala Dorado, Juan Carlos Morillo López, José Manuel Seijas Puga, Elena Ballon Lage. Intervén o Ministerio Fiscal.

É relator José Ramón Chaves García.

(…)

Ditaminamos:

Desestimar o recurso contencioso-administrativo interposto por Luis Núñez Desiré polo procedemento especial de tutela de dereitos fundamentais contra a desestimación presunta do recurso de revisión formulado o 28 de maio de 2008 contra a Resolución do 2 de decembro de 2005 na cal se cualificou a fase de concurso correspondente ao procedemento selectivo para ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, convocado pola Orde de 29 de decembro de 2004 (DOG do 28 de febreiro de 2008), co fin de que lle sexa computada a experiencia acreditada nas campañas de saneamento gandeiro (51,22 meses). Sen custas.

Notifíqueselles ás partes e entréguese copia ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que esta é firme e que contra ela as persoas e entidades a que se refire o artigo 100 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderán interpoñer o recurso de casación en interese de lei do artigo citado, dentro do prazo dos tres meses seguintes á súa notificación. Así mesmo, poderán interpor contra ela calquera outro recurso que consideren adecuado á defensa dos seus intereses. Para admitir a trámite o recurso, ao se interpor deberase constituír na conta de depósitos e consignacións deste tribunal (1570 0000 85 0040 08 24) o depósito a que se refire a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro (BOE nº 266, do 4 de novembro); e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro do demandante Luis Núñez Desiré, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 21 de novembro de 2013

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial