Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (226/2013).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 226/2013.

Demandante: Domingo Lado Martínez.

Avogado: José Nogueira Esmorís.

Demandados: Manuel Arcos Ferreiro, S.L., Ignacio López Diéguez.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial accidental do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 226/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Domingo Lado Martínez contra a empresa Manuel Arcos Ferreiro, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Ignacio López Diéguez, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo ditame di:

«Tense por desistido a Domingo Lado Martínez da súa demanda de despedimento fronte a Ignacio López Diéguez.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Domingo Lado Martínez contra a entidade Manuel Arcos Ferreiro, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data do 21 de xaneiro de 2013, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Manuel Arcos Ferreiro, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 7.529,6 €.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, e acreditarao mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Manuel Arcos Ferreiro, S.L. e Ignacio López Diéguez, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de novembro de 2013

A secretaria xudicial