Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 231/2013 M).

María Adelaida Eburgide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número SSS 231/2013 por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Conganort, S.L., INSS e TXSS, sobre seguridade social, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Ditame que estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Conganort, S.L., debo condenar e condeno a empresa Conganort, S.L. a que lle reintegre á mutua a cantidade de 4.304,24 € en concepto de asistencia sanitaria e prestacións de incapacidade temporal, derivada do proceso de incapacidade temporal aboada por ela aos traballadores Antonio Fontal Regueiro e Manuel Regueiro Pombo, consecuencia dos accidentes de traballo sufridos o 23 de xaneiro de 2010 e 11 de marzo de 2010, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa, e que se cuantifica a razón de 2.333,78 € por concepto de asistencia sanitaria.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Conganort, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de novembro de 2013

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial