Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47320

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial de solo urbanizable 2 Agra da Laxe.

O Pleno desta corporación municipal, en sesión ordinaria do 8 de novembro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan parcial de solo urbanizable 2 da Agra da localidade de Laxe, deste municipio, segundo o proxeto redactado polos arquitectos, Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde, Iria Pérez Miranda e Ignacio Lázaro Quintela.

Segundo. Someter a información pública esta aprobación inicial mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia, en dous xornais de maior tirada da provincia e no taboleiro de anuncios deste concello, durante o prazo dun mes como mínimo que comezará a contar desde o día seguinte á publicación naquel diario oficial (artigo 86.1.a) da LOUG), para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar, se é o caso, as alegacións que consideren convenientes.

Terceiro. Solicitar os informes sectorias preceptivos das administracións públicas competentes, atendendo ao que se recolle na LOUG (artigo 86.1 b) e conforme o documento de referencia, todo isto simultaneamente ao trámite de información pública do expediente.

Cuarto. Notificar persoalmente aos propietarios incluídos dentro do ámbito do plan parcial mencionado, convocándoos a unha reunión explicativa e aclaratoria dos fundamentos e contidos do plan parcial durante o período de exposición pública, contando coa asistencia do representante do equipo redactor do plan parcial e/ou arquitecto municipal.

Laxe, 12 de novembro de 2013

Antonio Carracedo Sacedón
Alcalde