Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47321

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza de ampliación de cemiterio.

O Arcebispado de Santiago de Compostela solicita desta Alcaldía licenza municipal de obra e de actividade para ampliación do cemiterio de Cícere, de acordo co proxecto básico e de execución presentado, de data maio de 2013, redactado pola arquitecta Ana María García Gerpe, colexiada nº 2.638 do C.A.A.G. visado o día 14.6.2013, nº de visado: 1304700.1. De conformidade co previsto no Decreto 134/1998, do 23 de abril, de policía sanitaria mortuoria, e de conformidade co disposto no art. 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este período (que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar, poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello e formular as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 9 de outubro de 2013

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde