Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47263

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (450/2013).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 450/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Requeijo Tojo contra a empresa Excavaciones Migasa, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«1º. Que estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Requeijo Tojo, representado pola letrada Marisol Romero Salgado contra a entidade Excavaciones Migasa, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citadas, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral con data desta sentenza, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución (ao non ser posible a readmisión por cesamento da actividade da empresa, que está dada de baixa).

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 13.095,74 €.

3º. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Excavaciones Migasa, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2013

A secretaria xudicial