Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade á tramitación mediante procedemento anticipado de gasto dos traballos de prestación de varios servizos técnicos cualificados durante o exercicio 2014 por parte da empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios (Tragsatec), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nunha porcentaxe máxima do 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (programa operativo, tema 3.44).

1. Servizo técnico cualificado para a análise, a xestión e o control de expedientes de produtores e xestores de residuos cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Tema prioritario 3.44, xestión dos residuos domésticos e industriais.

– Actividade: apoio técnico cualificado en parte das funcións desenvolvidas pola Subdirección Xeral de Residuos e Solos Contaminados. Este apoio céntrase nos expedientes relativos aos produtores e xestores de residuos e no desenvolvemento dunha plataforma SIX relativa á xestión de residuos.

– Natureza e alcance do servizo técnico prestado: este servizo ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comezará o 1 de xaneiro de 2014 e o prazo máximo de finalización dos traballos é o 31 de decembro de 2014.

– Tipo de tramitación do expediente: anticipado de gasto. Dado que a execución deste servizo se prevé exclusivamente en anualidades posteriores ao presente exercicio (ano 2014), a súa eficacia queda sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigacións derivadas deste, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

– Modalidade de financiamento: este servizo financiase nun máximo dun 80 % a través Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, encadrándose no tema prioritario 3.44, xestión dos residuos domésticos e industriais.

2. Servizo técnico cualificado para a implantación, a xestión, a execución e o seguimento das liñas estratéxicas do PXRUG 2010-2020 de competencia da Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Tema prioritario 3.44, xestión dos residuos domésticos e industriais.

– Actividade: apoio técnico cualificado nas actividades derivadas da posta en marcha do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020, no ámbito de competencias da Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental.

– Natureza e alcance do servizo técnico prestado: este servizo ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comezara o 1 de xaneiro de 2014, sendo o prazo máximo de finalización dos traballos o 31 de decembro de 2014.

– Tipo de tramitación do expediente: anticipado de gasto. Dado que a execución deste servizo se prevé exclusivamente en anualidades posteriores ao presente exercicio (ano 2014), a súa eficacia queda sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas deste, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

– Modalidade de financiamento: este servizo financiase nun máximo dun 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, encadrándose no tema prioritario 3.44, xestión dos residuos domésticos e industriais.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013

P.D. (Orde 15.3.2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas