Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2013/31-2, 8115 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT, CS Padre Feijoo.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

• Paso aéreo a soterrado de LMT a 20 kV proxectado en dobre circuíto das liñas de media tensión existentes xeral MOF801 (Chacinera) e xeral MOF802 (Sarria) situado no apoio de formigón existente tipo 2 (14/2B), nº D57.

• Paso aéreo a soterrado de LMT a 20 kV proxectado en simple circuíto da liña de media tensión existente xeral MOF802 (Sarria) no tramo da derivación ao CT existente Reigada (27C235) situado sobre apoio de formigón proxectado tipo HVH-15/2500, nº 1.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado da LMT existente xeral MOF801 (Chacinera) e final nunha cela de liña proxectada no centro de transformación proxectado nº 3, cunha lonxitude de 278 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no centro de transformación proxectado nº 3 e final nunha cela de liña proxectada no CS proxectado Padre Feijoo, cunha lonxitude de 993 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CS proxectado Padre Feijoo e final nunha cela de liña existente no CS existente Residencia 3ª idade Morín (27CT83), cunha lonxitude de 375 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CS proxectado Padre Feijoo e final nunha cela de liña proxectada no CT existente depósito novo (27CP03), cunha lonxitude de 255 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CT existente depósito novo (27CP03) e final nunha cela de liña existente no CT existente Padre Feijoo (27PP62), cunha lonxitude de 22 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado na LMT existente xeral MOF802 (Sarria) sobre apoio de formigón existente tipo 2 (14/2B), nº D57 e final no paso aéreo a soterrado proxectado na LMT existente MOF802 (Sarria) sobre apoio de formigón proxectado tipo HVH-15/2500, nº 1, cunha lonxitude de 180 metros en condutor RHZ1-240.

• CT prefabricado nº 3, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• CS prefabricado proxectado Padre Feijoo no cal se instalan tres celas de liña.

• Desmontaxe da LMT aérea CHA814 entre o paso aéreo a soterrado proxectado e o paso aerosubterráneo existente situado o lado do CS ASMAYECT.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 12 de novembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo