Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en substitución da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (ANI-CO-0016/2013-V e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanse aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións do procedemento.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen terse presentado o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

P.S. (Disposición adicional primeira do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro;
DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

Nome

Apelido 1

Apelido 2

NIF

ANI-CO-0016/2013-V

José Ramón

Arrivi

Ramil

32693653G

ANI-PO-0017/2013

Amanda

Corcoba

Rincón

77420918C

ANI-PO-0024/2013

Óscar

Fontao

Folla

44849842A

ANI-PO-0039/2013

Ignacio

Loeda

García

76927979V

ANI-PO-0040/2013

Carmen

De la Torre

Ogando

35290413H