Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 15 de novembro de 2013, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01942-O-2013 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmaselles que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 15 de novembro de 2013

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
proposta

XC-01942-O-2013

6088-DCR

Garda Civil 1501 I14478B

Imoconstduanfe, S.L.

B70243266

R/ Santa Lucía, 36-1º

15145 A Laracha, A Coruña

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que no cumpren algunha das condicións do art. 102.2 da LOTT.

31.5.2013; 14.55; AC-552

Art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.i) da LOTT

4.001 euros

XC-02275-O-2013

0885-BFP

Garda Civil 1500 R-76589-W

Maderas Gª de Presedo, S.L.

B15458839

Canteira de Eirís 15

15008 A Coruña

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

17.6.2013; 17.11; AC-10

Art. 142.2 da LOTT

Art. 143.1.c) da LOTT

333 euros

XC-02485-O-2013

0039-GMW

Garda Civil 1500 R-76589-W

Jorge Jesús García Souto

03089897P

Santa Lucía 59-1º B

15145 A Laracha, A Coruña

A realización de transporte privado nun vehículo lixeiro de máis de 3,5 t de MMA carecendo de autorización.

15.6.2013; 20.55; AC-552; 13

Art. 141.14 da LOTT,

art. 142.19 da LOTT

Art. 143.1.k) da LOTT,

art. 143.1.b) da LOTT

201 euros

XC-02875-S-2013

0253-GVT

Policía municipal 088439-0088486

Xolda Beer, S.C.

G15911084

R/ Alfredo Vicenti 23-25

15004 A Coruña

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

20.8.2013; 11.25; Rúa Torre altura da rúa Santo Tomé

Art. 141.21 da LOTT

Art. 143.1.d) da LOTT

401 euros

XC-02936-O-2013

9084-CLW

Garda Civil 1504 I-54077-K

Guillermo López Carballal

32417499B

Outeiro-Cortiñán 11-A

15165 Bergondo, A Coruña

Realizar transporte público de mercadorías carecendo do título habilitante.

19.6.2013; 16.50; AC-550; 106,5

Art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.i) da LOTT

4.001 euros