Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 18 de novembro de 2013, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expedientes XC-01683-O-2013 e XC-01695-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 18 de novembro de 2013

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

XC-01683-O-2013

0701-BZX

Garda Civil 1500 R76589W

Rutas Coruña, S.L.

B15929292

Lg. Dornas, 19

15165 A Coruña

Realizar transporte público de viaxeiros de uso especial carecendo de autorización específica, sempre que se solicitase, acreditando todos os requisitos, no prazo máximo de 15 días contados desde a notificación do expediente sancionador.

25.2.2013; 17.55; AC-174; 4,00

Art. 142.8 da LOTT,

art. 199.8 da ROTT

Art. 143.1.b) da LOTT,

art. 201.1.b) da ROTT

201 euros

XC-01695-O-2013

C-6715-BC

Garda Civil 1502 V-87480-V

Coo Álvarez Enrique, 000407093E, S.L.N.E.

B15912314

Lg. Berdoias, 2

15129 Vimianzo, A Coruña

A realización de transporte privado nun vehículo lixeiro de máis de 3,5 t de MMA ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perderá a súa validez.

2.3.2013; 1.40; AC-550; 37,00

Art. 141.14 da LOTT,

art. 142.19 da LOTT

Art. 143.1.k) da LOTT,

art. 143.1.b) da LOTT

201 euros