Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46821

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 28 de xuño de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ás agrupacións empresariais (clústers) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertido un erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 127, do 5 de xullo de 2013, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 26.893, no artigo 14.1, no segundo guión, onde di: «Custos de funcionamento á animación de agrupacións: presentaranse solicitudes de cobramento semestrais a 31 de maio e 30 de novembro das anualidades establecidas na resolución de concesión en función do ritmo de execución do proxecto».

Debe dicir: «Custos de funcionamento á animación de agrupacións: poderán presentarse solicitudes de cobramento polos gastos incorridos ata o 31 de maio e 30 de novembro das anualidades establecidas na resolución de concesión en función do ritmo de execución do proxecto».