Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46820

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2013, da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, pola que se concede a Evo Banco, S.A. a condición de entidade colaboradora para a recadación dos tributos e outros ingresos de dereito público.

Esta axencia, examinada a solicitude presentada por Evo Banco, S.A. e con base no disposto no Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, dita a seguinte resolución:

Primeiro. Autorízase a Evo Banco, S.A. para actuar como entidade colaboradora na xestión recadadora dos tributos e outros ingresos de dereito público, con suxeición ao establecido no artigo 17 e demais aplicables do Regulamento xeral de recadación.

Segundo. Os ingresos faranse nas contas restrinxidas abertas, tituladas:

– Tesouro Facenda Pública de Galicia. Conta restrinxida de recadación para declaracións-liquidacións, autoliquidacións.

– Tesouro Facenda Pública de Galicia. Conta restrinxida de recadación para liquidacións notificadas.

– Tesouro Facenda Pública de Galicia. Conta restrinxida de recadación para taxas e prezos.

Terceiro. Evo Banco, S.A. deberá comunicar á Axencia Tributaria de Galicia o número de identificación das contas abertas para cada unha das agrupacións indicadas.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Esta resolución producirá efectos desde o 9 de decembro de 2013.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia