Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Traballo e Benestar.

– Nº de expediente: 2010/38-5.

– Interesado: Nelson Manuel Morel Castillo.

– Enderezo: descoñecido.

– Asunto: notificación dunha resolución administrativa de data 18 de outubro de 2013.

Vigo, 11 de novembro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo