Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da disolución practicada en virtude de auto xudicial da entidade Sociedade Cooperativa Galega Limitada de Vivendas Monte Aloia, en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Regulamento do rexistro de coopertivas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, esta xefatura territorial dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución da entidade Sociedade Cooperativa Galega Limitada de Vivendas Monte Aloia, en liquidación, practicada en virtude do auto do Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña, de data 11.9.2013, recaído no procedemento concursal CNA 222/2013-J, dándose así apertura á fase de liquidación,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución da entidade Sociedade Cooperativa Galega Limitada de Vivendas Monte Aloia, en liquidación, practicada en virtude do auto do Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña, de data 11.9.2013, recaído no procedemento concursal CNA 222/2013-J dándose así apertura á fase de liquidación.

A Coruña, 6 de novembro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña