Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2012/0267-1 e RL 2009/0109-2.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poderán impugnalas perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advertíndolles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

Nº expediente

Data resolución dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Sara Penido Cobas, S.L.

Santiago de Compostela

A Coruña

RL 2012/0267-1
63116/2012/1/H(AI)

22 de agosto de 2013

Artigo 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, artigo 10 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención de riscos laborais.

Artigo 12.15.a) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2.046 €

Hormigones Carballo, S.L.

Carballo

A Coruña

RL 2009/0109-2
40668/2009/2/H(AI)

19 de setembro de 2013

Artigos 14 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co disposto nos artigos 2, 3 e 4 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas ao uso polos traballadores de equipamentos de protección individual.

Artigo 12.16.f) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2.046 €