Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente de intervención cautelar tramitado nesta xefatura territorial co número IC 12/13 IP.

O 11 de setembro de 2013, a conselleira de Sanidade resolveu desestimar o recurso de alzada que presentou David Ortega, en representación da entidade Nuevo Ciclo Económico, S.L., con CIF B98021579 e enderezo na avenida Andalucía, s/n, polígono industrial El Barranco, posto 7, Mercasevilla, 41020, Sevilla, contra o acordo de intervención cautelar núm. IC 12/13 IP, ditado pola xefa territorial da Consellería en Sanidade en Pontevedra o 19.3.2013.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/a director/a xerente da entidade Nuevo Ciclo Económico, S.L. a referida resolución, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Tamén se lle lembra o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, núm. 43, 1º, ou na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (Servizo Técnico-Xurídico), situada no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 11 de novembro de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra