Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013097TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 25 de setembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2013097TA-OU, a De Paula Pereira, Andreira CIF X06110313H, con domicilio na avda. Balneario, 103-P03, 32500 O Carballiño (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a De Paula Pereira, Andreira CIF X06110313H, con domicilio na avda. Balneario, 103-P03, 32500 O Carballiño (Ourense), o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situada na avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco-Recadación Xunta modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 8 de novembro de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013097TA-OU.

Denunciada: De Paula Pereira, Andreira.

Documento de identificación: CIF X06110313H.

Último enderezo coñecido: avda. Balneario, 103-P03, 32500 O Carballiño (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).