Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), por medio da presente resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.
Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas os titulares dos expedientes nos cales se acordou esta suspensión poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Nº de expediente |
Nome/razón social |
Programa de axudas |
Data da resolución |
Órgano que dita a resolución |
Notificación |
AF008.2005.1.30 |
Canteras de Vilanova, S.L. |
Axudas a proxectos de investimento (Resolución do 11 de marzo de 2005, DOG núm. 58, do 28 de marzo) |
23.10.2013 |
Director xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos |
IG176.2010.2.144 |
Jacob´s Staff, S.L. |
Axudas a proxectos de titorización de innovación e competitividade nas pemes (Resolución do 15 de abril de 2010, DOG núm. 80, do 29 de abril, e Resolución do 17 de decembro de 2010, DOG núm. 247, do 27 de decembro) |
26.9.2013 |
Director xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos |