Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2013 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema unicriterio de valoración (factor prezo), tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto, dun contrato de subministración suxeito a regulación harmonizada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración obxecto deste contrato comprende a subministración de enerxía eléctrica en baixa e alta tensión aos centros de consumo pertencentes a Portos de Galicia, coas características descritas no prego de cláusulas administrativas particulares e de especificacións técnicas.

b) Lugar de execución ou de entrega dos bens: conxunto de infraestruturas, superestruturas e servizos dispoñibles nos portos e instalacións portuarias de competencia autonómica e xestionados por Portos de Galicia.

c) Valor estimado do contrato: 2.955.761,54 euros, IVE excluído (equivalente ao orzamento de licitación incrementado nun 15 %, para modificacións previstas no punto 22 do cadro de características do contrato).

d) Orzamento base de licitación: dous millóns cincocentos setenta mil douscentos vinte sete euros con corenta e tres céntimos (2.570.227,43 €), IVE excluído.

e) Importe do IVE (21 %): 539.747,76 euros.

f) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2015.

g) División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. Expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto; sistema unicriterio de valoración (factor prezo).

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: non se exixe, segundo o disposto no punto 16 do cadro de características do contrato.

5. Obtención de documentación e información.

a) Solicitude de información e consultas sobre os pregos: faranse a través de correo electrónico dirixidos á seguinte conta de correo: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.es

Teléfono: 881 88 16 45.

b) Obtención de documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e de especificacións técnicas e o cadro de características do contrato poderanse obter en:

– Entidade pública Portos de Galicia:

– Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º. Área Central. Polígono das Fontiñas.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.

– Teléfono: 881 88 16 45.

– Perfil de contratante na web: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19912

Neste perfil poderase facer o seguimento das diversas fases do procedemento de contratación.

– Web do órgano de contratación: www.portosdegalicia.es.

c) A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 7.a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non procede.

b) Outros requisitos: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional conforme o disposto no punto 9.2 do cadro de características do contrato. Así mesmo, deberán observar o cumprimento de todos os demais requisitos que, se é o caso, se atopen establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e de especificacións técnicas.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día 13 de xaneiro de 2014.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no punto 9 do cadro de características do contarto e nos puntos 10 a 12 da cláusula 1 do prego de cláusulas administrativas particulares e de especificacións técnicas.

c) Lugar da presentación:

– Entidade: as proposicións presentaranse, en dous (2) sobres pechados, no Rexistro Central da entidade pública Portos de Galicia.

– Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º. Área Central. Polígono das Fontiñas.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.

– Teléfono: 902 40 08 70.

– Fax: 981 54 53 24.

Tamén poderán presentarse por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos nos dous primeiros parágrafos da cláusula 2 do prego de cláusulas administrativas particulares e de especificacións técnicas.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas, en virtude do disposto nos puntos 2 e 4 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación do único criterio de valoración establecido no punto 14 do cadro de características do contrato.

f) Variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas da entidade pública Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º. Área Central. Polígono das Fontiñas.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas económicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 12.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización do acto público de apertura de proposicións, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 3.1.b) do prego de cláusulas administrativas particulares e de especificacións técnicas, comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A) e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos do anuncio: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio de licitación do contrato ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 28 de novembro de 2013.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia