Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46797

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de información pública sobre carpintaría de madeira no Ameal (Arcos da Condesa).

Miguel Ángel Sánchez Diz solicitou desta alcaldía licenza municipal para carpintaría de madeira, de acordo co proxecto técnico redactado pola enxeñeira superior industrial Carmen Ayude Díaz, co visado do 17 de outubro de 2013, que se localizará no Ameal-Arcos da Condesa. En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 13 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que durante este poidan examinar o expediente, no Negociado de Urbanimo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que consideren convenientes.

Caldas de Reis, 13 de novembro de 2013

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde