Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46798

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Campo de Aldea, Sociedade Cooperativa Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa, da elección do órgano liquidador e da aceptación do cargo de liquidadores.

Rubén Díaz Fuenteseca, como secretario da sinatura Campo de Aldea, Sociedade Cooperativa Galega,

CERTIFICO:

Que no libro de actas da dita cooperativa, figura transcrita a acta que literalmente transcribo:

«En Sisoi-Cospeito (Lugo), vinte e cinco de outubro do dous mil trece, ás 16.00 horas, en 2ª convocatoria, ao non haber quórum na primeira, reúnense no seu domicilio social, en asemblea xeral extraordinaria, convocada conforme o establecido nos estatutos e na Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, os socios da compañía Campo de Aldea, Sociedade Cooperativa Galega que se expresan, para tratar a seguinte

Orde do día:

Punto 1. Proposta de disolución da cooperativa.

Punto 2 . Elección do órgano de liquidación.

Punto 3. Aceptación do cargo de liquidadores.

Actúa de presidente o que é da cooperativa José María Fernández Blanco e de secretario Rubén Díaz Fuenteseca.

O presidente, asistido polo secretario, forma a seguinte lista de socios asistentes ou representados:

Nº socio

Nome do socio

Representado por

7

José Mª Cornide López

8

José Mª Fernández Blanco

20

Celia Fernández Fernández

22

Mª Carmen Blanco Galán

23

Dolores Blanco Crecente

29

Luis Veiga Pérez

40

Conchaos, S.C.

Rubén Díaz Fuenteseca

Punto 1. Proposta de disolución da cooperativa.

O presidente informa de que, por finalización e cumprimento da actividade empresarial que constituía o obxecto social de cooperativa, e mesmo por causas económicas, como teñen manifestando moitos socios, se propón a disolución da cooperativa.

Sometida a proposta a votación, acórdase por unanimidade dos asistentes e representantes a disolución da cooperativa.

Punto 2. Elección do órgano de liquidación.

Conforme o artigo 64 dos estatutos sociais e o 89 da vixente lei, resultan elixidos para formar o órgano de liquidación os seguintes socios:

José María Fernández Blanco: NIF 33850230-A.

Rubén Díaz Fuenteseca; NIF 33342662-E.

Luis Veiga Pérez; NIF 33847793-G.

Punto 3. Aceptación do cargo de liquidadores.

Os tres socios elixidos como órgano de liquidación, que están presentes neste acto, aceptan o cargo.

Redacción, lectura e aprobación da acta. Sen máis asuntos que tratar, o secretario, logo de redactar a acta, procede á súa lectura e, aprobada por unanimidade, asínaa de conformidade co visto e prace do presidente».

En Cospeito o 5 de novembro de 2013, expido esta certificación co visto e prace do presidente.

José Mª Fernández Blanco Rubén Díaz Fuenteseca