Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto pola Escuela de Formación del Atlántico, S.L. (procedemento ordinario 0000235/2013).

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola cal se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 0000235/2013, interposto pola Escuela de Formación del Atlántico, S.L. contra a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 9 de agosto de 2013, pola que se aproban os concertos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial e ciclos formativos de grao medio e superior.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos