Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013046TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 23 de outubro de 2013, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2013046TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a José Luis González Castiñeira (Pub Aeroclub).

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a José Luis González Castiñeira (Pub Aeroclub) o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 8 de novembro de 2013

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2013046TA-CO.

Interesado: José Luis González Castiñeira (Pub Aeroclub).

DNI/NIF/CIF: 32836218S.

Último enderezo coñecido: Torreiro, 11,15001 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro), nos seus artigos 7.u) e 19.3.b).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 1.200 €.