Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013273AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 23 de outubro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2013273AL-CO incoado a Santiago Insua Rumbo.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Santiago Insua Rumbo o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguintes; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 12 de novembro de 2013

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2013273AL-CO.

Interesado: Santiago Insua Rumbo (Panadería Santiago Insua Rumbo).

DNI/NIF/CIF: 32801634T.

Último enderezo coñecido: A Painceira, 26, Visantoña,15685 Mesía.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007).

Anexo II. Capítulo I. 1. Capítulo II.1.b) c), artigo 5. 1. 2. a. b. c. d. e. f. g.

Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo), artigo 50.1.d) e), artigo 51.1. A elaboración, fabricación, transformación, envasado, almacenamento, importación, exportación, distribución, transporte ou comercialización de alimentos e pensos, en condicións non permitidas pola normativa vixente, ou cuxo uso fose expresamente prohibido ou restrinxido, sempre que o dito incumprimento non estea tipificado como infracción grave ou moi grave.

As deficiencias nos rexistros ou cantos documentos obriguen a levar as disposicións.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 €.